Cámaras analóxicas

 

Cámaras do pasado Desde hai tempo, dispoñemos de cámaras fotográficas, tamén chamadas cámaras de fotos, que son un dispositivo co que podemos capturar imaxes e ao resultado chámaselle fotografías. Hoxe en día, son dixitais, e foi en 1975, hai 46 anos, cando o enxeñeiro Steve Sasson da marca Kodak as inventou, sendo considerada como a primeira cámara dixital da historia. A min, o que realmente me gusta é a cámara analóxica que foi creada como un mecanismo antigo para proxectar imaxes, no que unha habitación enteira desempeñaba as mesmas operacións que unha cámara fotográfica actual por dentro, coa diferenza de que naquela época non había posibilidade de gardar a imaxe a menos que esta se trazase manualmente. O seu uso principal é capturar a imaxe que se atopa no campo visual, tanto hoxe como no pasado. As cámaras actuais usan sensores como elementos sensibles ao espectro visible ou a outras porcións do espectro electromagnético, nos seus comezos utilizaban película. A tecnoloxía cambiou, pero os fundamentos das cámaras seguen constando dunha cámara escura pechada, cunha abertura nun dos extremos para que poida entrar a luz, e unha superficie plana de formación da imaxe ou de visualización para capturar a luz no outro extremo. A maioría das cámaras fotográficas teñen un obxectivo formado por lentes, situado diante da abertura da cámara fotográfica para controlar a luz entrante e para enfocar a imaxe. O diámetro desta abertura (coñecido como apertura) adoita modificarse cun diafragma, aínda que algúns obxectivos teñen apertura fixa. A apertura e o brillo da escena controlan a cantidade de luz que entra na cámara por unidade de tempo durante o proceso fotográfico, o obturador controla o lapso en que a luz incide na superficie de gravación. Naqueles tempos, era toda unha arte asegurar unha exposición correcta. Realmente, a fotografía era todo un logro técnico e requiría dun proceso no que o autor tiña un gran protagonismo.