Publicacións

Cámaras analóxicas

Imaxe
  Cámaras do pasado Desde hai tempo, dispoñemos de cámaras fotográficas, tamén chamadas cámaras de fotos, que son un dispositivo co que podemos capturar imaxes e ao resultado chámaselle fotografías. Hoxe en día, son dixitais, e foi en 1975, hai 46 anos, cando o enxeñeiro Steve Sasson da marca Kodak as inventou, sendo considerada como a primeira cámara dixital da historia. A min, o que realmente me gusta é a cámara analóxica que foi creada como un mecanismo antigo para proxectar imaxes, no que unha habitación enteira desempeñaba as mesmas operacións que unha cámara fotográfica actual por dentro, coa diferenza de que naquela época non había posibilidade de gardar a imaxe a menos que esta se trazase manualmente. O seu uso principal é capturar a imaxe que se atopa no campo visual, tanto hoxe como no pasado. As cámaras actuais usan sensores como elementos sensibles ao espectro visible ou a outras porcións do espectro electromagnético, nos seus comezos utilizaban película. A ...